O día a día das persoas está cambiando debido a esta sociedade de información, as relacións que establecemos cada vez son máis artificiais, a rede atrapounos no seu corazón virtual e a nosa vida está cada vez máis condicionada por ela. Sentimos a través de pantallas que apenas reflicten a nosa “filtrada” apariencia física, substituímos os agarimos polos “likes” e o amor navega a contracorrente eléctrica. Ás veces dá a sensación de que a vida é unha carreira na que a tecnoloxía adiantounos xa fai un chisco e ó ser humano esgotado non lle queda máis opción que ceder. Estamos sendo -inconscientemente- testigos e por desgraza verdugos da morte da cada vez máis efímera liberdade; onde os nosos dereitos interpersoais pasan a un segundo plano nesta novo acto denominado sociedade tecnolóxica ou sociedade da información.
É practicamente innegable que os avances en tecnoloxía están supoñendo unha cantidade de cambios sociais desmesurada ós que o ser humano non termina de adaptarse e o que pasará o día de mañán (por moito que tratemos de predecilo) convértese nunha nubrada incertidume. Tamén debemos admitir que a tecnoloxía proporciónanos certa seguridade e comodidade que fan que as nosas vidas estean cheas de facilidades impensables fai poucos anos (como o acceso a información, a comunicación, os movementos, a economía, etc.). Así, cómpre recoñecer a utilidade que as TIC teñen se o seu uso é o adecuado.
En canto a Educación, as TIC
teñen unha gran influenza, pois é innegable o abanico de posibildades que
ofrecen, e máis tendo en conta o punto ata o que os nenos e nenas están familiarizados
coa tecnoloxía e consecuentemente a capacidade de esta para captar a súa
atención e estimular o seu aprendizaxe. As TIC
son ferramentas moi útiles na escola, que poden dinamizar as metodoloxías
actuais; serven de apoio e axudan a ter unha visión máis ampla -aínda que as
veces poida ser enganosa- do mundo, que cunha correcta posta en marcha poden
facilitarnos fortemente as aprendizaxes. Mais estas poden supoñer certas
dificultades ou desafíos debido á sensación de que a tecnoloxía evoluciona
esaxeradamente rápido, máis que a capacidade humana de adaptación. Todos estes
cambios poden dar lugar a confusión ou frustracións de cara ós plantexamentos do
sistema educativo e tamén a nivel individual na relación educador-educando.